Os cines Codex estrean este venres «Narciso» e manteñen dous pases diarios de «A bola negra»

Os cines Codex estrearán este venres, 2 de outubro, «Narciso», unha película paraguaia dirixida por Marcelo Martinessi. A carteleira manterá tamén dous pases diarios de «A bola negra».

Ambientada no Paraguai de 1959, durante a ditadura de Alfredo Stroessner, «Narciso» segue a historia de Narciso Arévalos, un mozo apaixonado pola música nun momento no que o rock and roll comeza a escoitarse na radio e esperta tanto o interese da mocidade como a desconfianza do réxime. Tras o seu último concerto, Narciso aparece asasinado.

O filme está inspirado na novela homónima de Guido Rodríguez Alcalá, baseada na vida e no asasinato do locutor Bernardo Aranda.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com