O grupo lugués, que máis veces actuou nas festas, volveu oito anos despois cun concerto no que combinou tradición galega, música electrónica e elementos clásicos
Oito anos despois da súa última actuación no San Froilán, Brath regresou este ano ás festas e fíxoo por todo o alto: o grupo lugués encheu onte á noite a praza de Santa María cun concerto incluído na súa xira 45 Old Tour, coa que celebra a súa longa traxectoria sobre os escenarios.
A banda, que é o grupo que máis veces actuou no San Froilán, levaba oito anos sen formar parte da programación das festas. Segundo explica a propia formación, durante este tempo descoñecía os motivos polos que non fora contratada para actuar en Lugo. O cambio no Goberno municipal permitiu finalmente o regreso de Brath ás festas e a oportunidade de celebrar na súa cidade os seus anos de traxectoria.
O concerto de Lugo forma parte dunha xira que levou a formación por diferentes cidades, entre elas Barcelona, Madrid e Murcia, e proximamente Bilbao, san Sebastían, Ponferrada etc, que esta a realizarse para conmemorar os seus 46 anos de presenza nos escenarios de Galicia e de medio mundo.
Acompañou a Brath : un grupo de cámara, pandereiteiras e dous convidados de luxo, Anxo Lorenzo, undos mellores gaiteiros do país e Agus Barandiarán, lider do grupo basco Korrontzi, sen dúbida o mello trikitxilari 8acordeonista) de Euskadi.
Unha viaxe polas posibilidades da música galega
Sobre o escenario da praza de Santa María, Brath presentou a súa proposta musical máis recente ante un público que respondeu á actuación e que puido comprobar a evolución dunha banda que, despois de 14 álbums de estudo, continúa na procura de novas formas de expresión para a música galega.
O repertorio combinou melodías e elementos procedentes da tradición musical galega con música electrónica e composicións de corte clásico, nunha proposta coa que o grupo volveu reivindicar as posibilidades de evolución e mestura da música propia.
O concerto permitiu así recuperar unha presenza histórica do grupo no San Froilán e reencontrar a banda co público lucense nun dos escenarios máis emblemáticos das festas.
Para Brath, o regreso á praza de Santa María supuxo tamén a oportunidade de cumprir unha das expectativas que a formación xa daba por practicamente descartada: celebrar en Lugo, dentro do San Froilán, a súa longa traxectoria musical.
foto: T. Fontenxoita





