Ante as condicións meteorolóxicas previstas para esta tarde, o Concello de Lugo vese obrigado a introducir modificacións na programación do San Froilán.
Los Satélites trasladan a actuación DE HOXE ao LUNS 13 de outubro, ás 20:00 horas, na Praza Maior.
Os pasarrúas previstos para esta tarde quedan cancelados e serán reprogramados noutras xornadas.
As actividades a cuberto mantéñense, entre elas o Escenario Zanfona, na Praza de Santa María, e o concerto «Parabéns para nós!», no Patio do Edificio Administrativo do Concello.
Mantéñense os concertos da PRAZA DA HORTA DO SEMINARIO: 9LOURO; The Rapants
Post Views: 0