O Concello impulsa melloras nos servizos municipais, a atención turística e a inclusión laboral

A Xunta de Goberno Local aprobou este martes varias medidas relacionadas cos servizos públicos, a inclusión laboral e a actividade urbanística, entre elas a contratación do mantemento dos colexios e escolas infantís municipais, cun orzamento de 200.000 euros.

No ámbito social, o Concello concederá unha subvención de 3.000 euros a FADEMGA Plena Inclusión Galicia para financiar servizos de orientación e apoio ao emprego destinados a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

A oficina de información turística da Praza Maior ampliará o seu horario durante o inverno, de 10.00 a 18.00 horas entre o 15 de outubro e o 31 de maio. A modificación supón un incremento de 39.745,79 euros e incorpora 1.832 horas anuais de atención.

A reunión tamén serviu para aprobar a adquisición dunha pickup 4×4 con guindastre e cesta elevadora para os servizos eléctricos do rural, cun gasto autorizado de 104.998,96 euros, e prorrogar por un ano a concesión da cafetería-restaurante do CEI-Nodus, cun canon mensual de 706 euros.

No ámbito urbanístico, propúxose conceder licenza para rehabilitar integralmente un edificio na rúa do Progreso, cun investimento previsto de 437.893,14 euros e catro vivendas. Ademais, corrixiuse a licenza dun edificio de 60 vivendas na rúa Montirón para axustar aos planos o número de trasteiros, que pasa de 60 a 62, sen alterar o resto das condicións autorizadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com