O Concello coordina coa empresa adxudicataria o inicio das obras de humanización da Praza de san Lourenzo

O Concello de Lugo prevé iniciar a finais deste mes as obras de humanización e mellora do confort climático da Praza de San Lourenzo, unha actuación adxudicada á empresa NOVAVIAL por un importe de 419.700,93 euros. Os traballos contan cun cofinanciamento do 60 % con fondos europeos FEDER e terán un prazo máximo de execución de oito meses.

O Concello mantivo unha reunión coa empresa adxudicataria para coordinar a planificación dos traballos e analizar as posibles afeccións á veciñanza, especialmente no relativo á circulación e aos accesos aos garaxes.

Antes do inicio da intervención, está prevista unha reunión informativa coas persoas residentes na contorna o mércores 25 de novembro, ás 18.00 horas, na propia praza. Nela explicaranse as distintas fases da obra, o calendario de execución e o plan de tráfico, ademais de atender as dúbidas da veciñanza.

Na planificación tamén se abordou a presenza dunha colonia felina nunha parcela próxima á zona de actuación, co obxectivo de establecer medidas de protección durante o desenvolvemento das obras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com