A alcaldesa de Lugo reivindica o papel transformador dos Concellos na etapa Post-Covid

A alcaldesa de Lugo presentou hoxe as principais conclusións do informe final da Conferencia de Alcaldes do Eixo Atllántico celebrada o pasado setembro en Pontevedra, polo secretario xeral deste organismo, Xoán Vázquez Mao e por José Luís Méndez Romeu, un dos coautores do informe, para dar conta do contido do mesmo.

A primeira gran reunión de rexedores de Galicia e do Norte de Portugal – lembrou Lara Méndez – que tivo lugar nos dous países co obxecto de analizar non só os efectos da pandemia senón tamén cal debe ser a folla de ruta a seguir polas cidades para facer fronte aos retos que se nos presentan e saír reforzados desta crise sanitaria, social e económica”.

A rexedora e vicepresidenta do Eixo Atlántico, indicou que “o documento, que xa foi enviado ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez; ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao Executivo portugués, recolle nas súas páxinas as análises e as propostas de presente e futuro que saíron da man dos rexedores e dos expertos internacionais que nos acompañaron na Conferencia”, indicou Méndez ao tempo que subliñou que “se algo se evidenciou nese encontro é o liderado claro do municipalismo nesta pandemia”.

As cidades xogamos, xa dende o primeiro momento, un papel determinante e clave xa que fomos as administracións locais, as máis próximas, as que estivemos afrontando as medidas sanitarias de apoio pero tamén as que despregamos todo un escudo social para atender as demandas da veciñanza, dos colectivos máis vulnerables – como as persoas sen fogar, os maiores e a infancia ou ás mulleres vítimas da violencia de xénero – pero tamén aos sectores económicos”, afirmou e referiu, como mostra da capacidade de resposta amosada, “e fronte ao inaudito da situación”, o impulso dado a moitos procesos, nos que xa se estaba a traballar, como a creación de novos espazos de convivencia interxeracional ou a transformación da mobilidade e dun novo urbanismo, máis sostible na loita contra o cambio climático, no que Lugo está a vangarda.

Neste senso, a alcaldesa puxo como exemplo a activación, “xa ao día seguinte do Estado de Alarma, dos plans especiais de limpeza, de programas de apoio ás persoas maiores, especialmente ás que viven soas, dun plan de choque económico de axudas directas como o Plan Reanima, de asesoramento e formación á pemes e autónomos, de dixitalización, etc…. “E como Lugo, moitas das cidades amosaron estar en mellor disposición que outras administracións para detectar necesidades e dar respostas rápidas”.

Para a rexedora, “evidenciouse nesta emerxencia que os liderados locais das cidades son fundamentais para atender non só os desafíos locais senón os grandes desafíos globais, precisamente porqué é nos territorios urbanos onde máis se sofren as súas consecuencias” e lembrou, para contextualizalo, que, mentres no plano europeo se estaba aínda a negociar con Hungría e Polonia o retiro do seu veto aos orzamentos europeos e ao fondo de recuperación, “en Lugo, anticipándonos aos problemas que se detectabantraballamos con moita previsión na creación de ferramentas propias en prol desa recuperación: a estratexia Lugo Transforma para captar investimentos e empresas e crear postos de traballo, e nos orzamentos do 2021, expansivos e inversores e que inclúen a maior partida da nosa historia para políticas sociais”.

Lara Méndez salientou a valía do informe da Conferencia de Alcaldes “por estar elaborado desde o coñecemento máis directo das necesidades da veciñanza. É nos nosos territorios onde se está a visibilizar con rotundidade as contradicións e vulnerabilidade das sociedades urbanas no tempo post-COVID, así como os riscos de que se aceleren as tensións e desigualdades preexistentes”.

E somos nós, os concellos, os que debemos inferir confianza na veciñanza e esperanza no futuro despois de meses de medos e incertezas, co fin de que non se quede paralizada”.

A alcaldesa de Lugo aproveitou a súa intervención para solicitar que toda esa experiencia se teña agora en conta ao obxecto de destinar os recursos para minorar os efectos negativos e prexudiciais que sufrirán as cidades de manterse as restricións derivadas da emerxencia sanitaria.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Mari Dominguez
    Dec 12, 2020 - 02:12 AM

    E seguro que o cree!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com