" />

A Anpa do Ceip e Baamonde convoca unha manifestación para o domingo 3 ás 11:30h

Ante as respostas contradictorias dende a delegación de Lugo: primeiro (non), despois (sí) e agora de novo (non) formulamos un escrito a Román Rodríguez González – Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Seguindo co 13D20D26D… para que nos oian ben, convocamos cazolada. Asistir con cazolas, potas e outros utensilios.

A marcha partirá as 11:30h dende a igrexa de Baamonde, recorrendo a N-VI ata chegar á rotonda coa N-634, onde se fará unha parada con lectura de comunicado, continuará pola anterior estrada ata chegar ao CEIP de Baamonde.

Rogamos a cooperación de toda a veciñanza e establecementos (aos que pedimos o peche durante 1 hora dos seus negocios) de Baamonde, Pacios, Carballido, Vilariño, Bóveda, Pígara e Soexo como principais damnificados ante a pretensión do Concello de Begonte de pechar o colexio de Baamonde.

Tamén facemos un chamamento o resto de veciñ@s da nosa contorna ante esta medida que atenta contra o rural.

Recordamos manter as distancias de seguridade e sempre permanecer coa máscara posta.

A.N.P.A. do C.E.I.P. de Baamonde

Asociación de Veciños Montenegro de Baamonde

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo