" />

A Apehl fai chegar á subdelegada do Goberno o “Plan de rescate nacional” da hostalería

Continuando coas accións de reivindicación ante a situación que está a padecer o sector da hostalería, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) levou a cabo esta mañá unha nova concentración, esta vez, fronte á Subdelegación do Goberno en Lugo para facerlle entrega á subdelegada do “Plan  de rescate nacional”, dirixido ao Goberno central. Os datos que arroxa a crise provocada pola pandemia supuxeron en todo o país, ata o mes de outubro, o peche de 65.000 negocios hostaleiros, a perda de 350.000 postos de traballo e a facturación xa caeu máis do 50 % respecto de 2019.

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, comprende, asegura, e comparte a preocupación dos hostaleiros polo prexuizo económico que lle ocasiona ao sector o peche de locais de hostalería “decidido pola Xunta” para tratar de frear a expansión do coronavirus. Rodríguez recibiu a unha representación deste colectivo, encabezada polo presidente da APEHL, Cheché Real, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, que lle trasladaron as demandas do sector. A subdelegada informou aos representantes do sector da hostalería de que o Goberno traballa nun plan de apoio á hostalería consensuado coas comunidades autónomas e a FEMP, así como noutras medidas como a ampliación dos períodos de carencia e de amortización dos créditos ICO.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo