A área de Benestar acondiciona o ximnasio da Casa das Asociacións e moderniza os equipamentos a disposición das persoas usuarias

A Concelleira de Benestar Social, Olga López, achegouse esta mañá á Casa Clara Campoamor para supervisar os cambios realizados nas instalacións logo de que esta área decidise acondicionar o ximnasio para modernizar os equipamentos a disposición das e dos usuarios do centro.

A edil estivo acompañada polos representantes dos colectivos que desenvolven a súa actividade no inmoble: AFALU, ALCER, AUXILIA, PARKINSON, FADEMGA, ALUCEM E AGAFI.

Durante a visita, López Racamonde deu conta de que o investimento municipal realizado destinouse á adquisición de novos aparatos que faciliten a práctica de exercicio – fundamentalmente de tipo cardiovascular – encamiñado á rehabilitación física, como varias bicicletas estáticas e cintas de correr e mesmo unha espaldeira, “incrementando os recursos que fomenten os hábitos de vida saudable e boas pautas de coidado persoal, nun momento de tantas dificultades sociosanitarias”, sinalou a concelleira.

“A finalidade non é outra que a de mellorar o servizo posto a disposición polo Concello, para que todas estas entidades poidan seguir levando a cabo o seu labor. Un traballo indispensable para o conxunto da sociedade, que completa as prestacións públicas existentes en diferentes eidos e que serven para brindar unha atención asistencial valiosísima ás persoas con doenzas específicas que merecen e precisan dunha rede de apoio integral ben coordinada”, destacou a responsable de Benestar Social.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com