" />

A área de Deportes renovará o cespede dos campos de fútbol das Gándaras

A xunta de goberno Local autorizará mañá a contratación a Calfensa destes traballos no Campo I, por un importe de 173.514 €, logo de que no pasado mes de maio esta mesma empresa resultara tamén adxudicataria do prego que se licitou para abordar a substitución do Campo II (176.079’2 €).

O edil Miguel Fernández sinala que “se trata dunha intervención coa que se persegue mellorar o estado destas instalacións deportivas moi frecuentadas polos clubes e equipos da cidade para os seus adestramentos así como para a celebración de diferentes competicións e torneos”, ao tempo que destacou o aforro acadado nesta licitación, 150.000 euros por debaixo do orzamento base inicial.

Igualmente o concelleiro anunciou que “os traballos, que teñen un prazo de execución de 6 semanas, se acometerán de forma simultanea coa previsión de que den comezo xa a finais deste mesmo mes ou principios do que vén, de maneira que se garante a dispoñibilidade destas dotacións municipais logo do período de vacacións estivais, coincidindo co inicio da vindeira tempada deportiva”, apuntou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo