" />

A área de Lugo achegase aos 900 casos con 119 positivos nas últimas 24 horas

A área sanitaria de Lugo segue descontrolada e cada día que pasa incrementan os positivos por coronavirus de xeito exponencial. O pos-San Froilán e a falta de respecto polas normas por parte de moitos cidadáns, fan que os datos comecen a asustar. De seguir con esta progresión máis cedo que tarde volveremos ao confinamento absoluto, por moito que as autoridades sanitarias o neguen. Así que ou nos poñemos as “pilas” e respectamos as indicacións das autoridades sanitarias ou volveremos ao confinamento e ese é o peor escenario para a saúde e para a economía no que nos podemos situar.

Segundo os datos da consellería de Sanidade a área sanitaria de Lugo ten 894 casos activos por coronavirus, 93 máis que onte.

En canto  ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.762, a cifra máis alta de infeccións diarias dende que comezou a pandemia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo