" />

A área de Mobilidade lanza un servizo de compra a demanda en colaboración co colectivo de taxistas e o 010

O Concello de Lugo anunciou a posta en marcha dun servizo de compra a demanda en colaboración coas taxistas da cidade e o 010. O responsable da area, Arroxo, destacou “a implicación do servizo de taxis en colaborar coa veciñanza durante esta crise sanitaria”. As persoas interesadas en utilizar este servizo, deberán poñerse en contacto co 010, onde se rebotará a chamada ao servizo de taxis para coller os datos. No momento da entrega, as usuarias deberán aboar o importe da compra xunto coa tarifa habitual do taxi.
O Tenente de Alcalde lembrou que “desde a declaración do estado de alarma, o 010 foi reforzado e está a aumentar os servizos que presta, como o voluntariado educativo”. “Traballamos para facilitar que a xente non se vexa obrigada a saír da casa para reducir ao máximo as posibilidades de expansión da enfermidade”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Mar 23, 2020 - 03:16 PM

    O 010 é un número de tarificación especial (carísimo) do estilo dun 902 poñede ao servizo da sociedade luguesa un 982 (tarificación ordinaria) que sei que tedes.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo