" />

A Área de Xuventude ofrecerá a vindeira semana mastersclass de danza urbana gratuítas

A área de Xuventude, que dirixe o edil Mauricio Repetto, ofrecerá masterclass gratuítas de danza urbana ao longo da vindeira semana, do 5 ao 11 de setembro, en diferentes prazas da cidade dirixidas a toda a mocidade lucense. Así o avanzou o concelleiro, quen subliñou que “as sesións estarán impartidas por Leo e Esther Alonso, e contarán coa participación de diferentes Djs como Dmiron, Marcos Peón, Dj Jayem ou Manu Chady”.

Esta iniciativa enmárcase no programa +Xti, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á área de Xuventude. Trátase dunha actividade recomendada para maiores de 16 anos, totalmente de balde, e sen necesidade de inscrición previa.

“O obxectivo é levar a música, coreografías, bailes, etc. a distintas zonas de Lugo. Buscarase a participación dos mozos de cada barrio e farase unha reunión final o domingo, con todos os participantes dos distintos barrios, como fin de festa, na Praza de Santa María”, explicou o edil, que subliñou que se trata dunha “forma de empezar o curso con enerxía, activos e de forma saudable”.

Programación

Todas as sesións terán lugar ás 19:30 horas: o luns 5, na Praza do Castiñeiro con Dmiron; o martes 6, na Praza do Camiño Primitivo, con Dmiron; o mércores 7, na Ponte Vella, con Dmiron; o xoves 8, na Praza da Milagrosa, con Marcos Peón; o venres 9, na Praza de Augas Férreas, con DJ Jayem; e o domingo 11, na Praza de Santa María con Manu Chady.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo