" />

A área sanitaria de Lugo baixa dos 500 casos activos por Covid-19

10 casos activos menos na área sanitaria de Lugo nas últimas 24 horas, o que sitúa á provincia con 493 infectados por Covid-19, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade 

En Galicia tamén baixa o número de casos activos de coronavirus. En concreto son de 4.038, 52 menos que onte; deles 819 son da área da Coruña, 493 da de Lugo, 946 da de Ourense, 689 da de Pontevedra, 445 da área de Vigo, 530 da de Santiago, e 116 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 192 en unidades de hospitalización e 3.810 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.981 persoas curadas, rexistrándose 755 falecementos. O último falecemento corresponde a unha muller de 83 anos, que estaba ingresada no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, e tiña patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 504.922.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo