A asociación ‘Castiñeiro Milenario’ organiza un cursiño de micoloxía de verán

Os vindeiros días dezanove e vinte de xuño terá lugar o Segundo Cursiño de Micoloxía de verán organizado pola asociación Castiñeiro Milenario. A estación do ano asociada aos cogomelos sempre é o outono, aínda que o verán tamén é unha excelente época para saír ao monte e gozar das boas temperaturas, da fermosura da fraga nesta época do ano, e por suposto, aprender, identificar e/ou recoller os cogomelos típicos destas datas.

A actividade comezará o venres dezanove ás 20:30 horas cunha charla de introdución ao mundo dos cogomelos con referencias aos aproveitamentos micolóxicos. O sábado, a partires das dez da mañá, terá lugar a saída ao campo para identificar e recoller cogomelos, que serán degustados nunha comida a partir das 14:30.

Para os socios coas cotas de 2015 pagadas o curso é de balde e para os non socios o custe será de 10 euros. O xantar ten un prezo de 10 euros para todos, agás para os pequenos que será tamén de balde.
O curso será impartido por José Castro, da Sociedade Micolóxica Lucus, experto e amante dos cogomelos.

O lugar das charlas e a saída será no local da Asociación de Veciños do Castro, que colabora de xeito desinteresado con Castiñeiro Milenario. Tamén agradeceron a colaboración da Sociedade Micolóxica Lucus e a disposición absoluta de José Castro.

A data límite para apuntarse é o xoves dezaoito de xuño polas canles habituais de Castiñeiro Milenario, e mesmo no Facebook, Twitter, ou chamando ao 616 705174.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com