" />

A Asociación Si, hai saída alerta de que durante o estado de alarma as fins de semana non funciona a Unidad de Familia e Muller

A asociación Si, hai saída alerta de que, tampouco durante o estado de alarma, funciona a Unidad de Familia e Muller (Ufam) da Comisaría da Policía Nacional as fins de semana.
Desde a asociación Si, hai saída, manifestamos a nosa preocupación ante o feito de que, durante o estado de alarma, e malia o risco mais que evidente e probado que supón o confinamento de moitas vítimas de violencia de xénero co seu agresor, e o conseguinte repunte na violencia machista que isto implica, continúe sen haber servicio na Unidad de Familia e Muller (Ufam) da Comisaría da Policía Nacional de Lugo durante as fins de semana e os días festivos.
Se esta circunstancia é, como mínimo, ademais de ilóxica, preocupante durante todo o ano, cando de todos é sabido que precisamente na fin de semana son frecuentes os episodios de violencia machista, nestes momentos cobra unha especial relevancia non somente pola situación que estamos a vivir, se non polo baleiro legal co que se atopan moitas vítimas no que atinxe ao intercambio dos menores por mordo réxime de visitas, xa que o CGPJ non se pronunciou ao respecto, e trasladou a responsabilidade aos proxenitores, apelando a súa boa vontade, facendo caso omiso de que precisamente este é unha das fontes de conflicto mais frecuente nas situacións de violencia de xénero, feito este ao que se engade o peche do Punto de Encontro desde o comezo do estado de alarma e que se prolongou ata hai poucos días, sen que se ofrecese ningunha alternativa, nin siquera nos casos nos que habitualmente se require acompañamento policial para acudir a realizar o intercambio.
Por outra banda, esta inactividade da Ufam durante as fins de semana e días festivos, contrasta claramente e de xeito evidente coa información que desde a Comisaría están a transmitir en canto a protección que se lles ofrece as vítimas, xa que desde a tarde do Venres ata o Luns, non hai na Comisaría persoal especializado en violencia de xénero, e se unha muller acude a denunciar ten que facelo na Odac (Oficina de atención ao cidadán), coma se se tratara de calquera outro delito .
Importante tamén ter en conta que, según datos facilitados pola propia Policía o pasado Mércores 3 de Xuño, moitas das detencións por malos trato levadas a cabo foron grazas as chamadas efectuadas nalgúns casos polas propias vítimas e noutros por persoas coñecedoras ou testemuñas das agresións, non porque as medidas policiais de seguimento ou atención teñan sido reforzadas.
Así mesmo, desde Si, hai saída queremos deixar claro que, malia ser un colectivo que, desde hai xa seis anos, traballamos directamente con vítimas e que, desde o primeiro momento no que se declarou o estado de alarma contactamos coa Comisaría para ofrecer o noso apoio en todo canto puidéramos ser de utilidade e reanudar a interacción que levamos a cabo durante anos e que entendemos que nestes momentos, ademais de ser positiva para todos, redundaría, principalmente, no beneficio das vítimas, non soamente nunca se chegou a materializar, se non que o primeiro contacto que precisamos manter non puido obter peor resposta, polo que desistimos de tentalo novamente, algo que non podemos cualificar mais que de lamentable, xa que temos claro que nos actuais e graves momentos polos que estamos a atravesar o que procede é a unión, máxime cando estamos a falar de algo tan grave como é a violencia de xénero.
Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo