" />

A Asociación Si, hai saída alerta sobre o risco que as novas restricións poden implicar para moitas vítimas de violencia de xénero.

Desde a Asociacion Si, hai saída queremos alertar sobre a repercusión que as novas restricións adoptadas por mor da pandemia implicarán para moitas vítimas de violencia de xénero, as que colocará, de novo, nunha situación de grave risco, como ven sucedendo en sucesivas ocasións desde que, en marzo do 2020 fora decretado o estado de alarma.

As limitacións das relacións, restrinxidas tan so aos conviventes, unidas ao peche dalgunhas actividades e a notable redución nos horarios laborais doutras, as abocan a relacionarse case exclusivamente cos seus maltratadores, sen posibilidade de comunicarse con apenas ninguén que non sexan eles, nin, porén, de pedir axuda, así como a ficar durante moitas mais horas das habituais no seu domicilio con eles, que terán así a posibilidade de exercer absoluto control sobre elas.

Por outra banda, temos que lamentar o noso total descoñecemento sobre se esta circunstancia está a ser tida en conta en eidos tan vitais como pode ser o policial, e, de ser así, das medidas adoptadas ao respecto, se é que se adoptou algunha, ou se, por mor da emerxencia sanitaria que estamos a vivir, se está a aplicar algún protocolo específico a hora de acudir a Comisaría, da atención as vítimas, etc, etc, xa que, unha vez mais, temos que lamentar que nada se nos comunicou, polo que, cando algunha muller nos consulta sobre isto non podemos facilitarlle información ningunha, algo que contrasta notablemente co aparecido nos medios de comunicación recentemente, no que se destacaba a cada vez maior comunicación entre os diferentes sectores implicados actualmente na loita contra a violencia machista.

Entendemos que isto é o que sería de desexar, xa que se supón que todos, nos que por suposto, nos incluímos, temos un obxectivo común, que é a loita contra a violencia de xénero e a axuda a súas vítimas, polo que a interactuación conxunta sería moi positiva, e redundaría no beneficio das vítimas, tal como sucedeu durante anos, pero, desafortunadamente, no que a Si, hai saída atinxe, malia todos os intentos por solventalo feitos pola nosa banda, así como os reiterados ofrecementos de prestar a nosa colaboración sempre que puidera ser de utilidade, xa que en moitas ocasións temos moitas mais facilidades para obter información da vítima, por sentirse ela moito mais cómoda con nos, nun ambiente mais distendido e cercano do que se atopan, lóxicamente, nunha Comisaría, desde hai mais de tres, a incomunicación e a nula consideración hacia o noso traballo seguen a ser a pauta a seguir.


Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo