A Asociación Si, hai saída alerta sobre un probable aumento da violencia machista durante o S. Froilán e apela a implicación da cidadanía

Desde a Asociación Si, hai saída queremos alertar sobre a probabilidade de que os episodios de violencia machista se vexan incrementados durante as festas de S. Froilán, algo que xa detectamos en anos anteriores, xa que a vida social mais intensa que se adoita facer nestes días, hai que engadir o maior consumo de alcohol e mesmo doutras sustancias, que poden, e
de feito o fan, potenciar a agresividade xa existente ou latente nalgúns maltratadores.
Se ben isto ocorre, como dicimos, cada ano, neste o risco é aínda maior, despois dun período moi prolongado de severas restricións, tras o cal os desexos de diversión son, como é lóxico, moitos, pero tamén se eleva o risco de que se produzan mais condutas agresivas, especialmente no eido da violencia machista.
Desde Si, hai saída facemos un chamamento a colaboración de toda a cidadanía, a cal pregamos encarecidamente que, se presencian algún episodio de violencia machista ou ante a sospeita de que se estea a producir NON DEIXEN DE DAR A VOZ DE ALARMA, xa que non esquezamos que, malia que estas agresións se poden dar en calquera contexto e, por suposto, entre parellas de calquera idade, nestas datas festivas son mais probables entre parellas moi novas, mesmo adolescentes, que, na maioría dos casos, por medo, por vergoña, ou mesmo por considerar que se trata dun feito esporádico motivado polas causas
que acabamos de citar non se volverá a repetir, algo que, por desgraza, nunca é así, agocharán e, por suposto, non serán denunciadas.
Un xesto tan sinxelo coma unha chamada telefónica (091- P. Nacional / 092- P.Local), pode salvar unha ou mais vidas.
NON ESQUEZAMOS QUE A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO É ALGO QUE NOS INCUMBE A TOD@S.
Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com