" />

A asociación Si, hai saída denuncia a falta de información por parte do Goberno e a escasa ou case nula cobertura que se lle está a dar a violencia de xénero durante o confinamento.

Desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero queremos denunciar do xeito mais enérxico a falta de información que, desde o Goberno, e cando xa tres mulleres foron asasinadas desde que comezou o confinamento por mor da violencia machista, algo que facemos extensivo tamén ao eido informativo, xa que moi poucos medios de comunicación están a amosar nin o mais mínimo interés informativo ao respecto.

Desde o pasado Domingo, 5 de Abril, data na que, no transcurso da comparecencia diaria do Comité Técnico do Coronavirus, se informou da actualización do sistema AlertCorps coa implantación do chamado Botón Sos, cuxa eficacia para a situación de confinamento co seu agresor que moitas vítimas de violencia de xénero é, no noso criterio, algo mais que dubidosa, non se facilitou información algunha sobre a evolución que a violencia machista está a ter no noso pais na situación tan crítica que se está a vivir, de especial risco para este sector da poboación, e non o esquezamos, para moitos menores, nin nas sucesivas comparecencias do mencionado Comité, nin nas roldas de prensa nas que o Ministro do Interior, Sr. Grande Marlaska compareceu, nas que non mencionou o tema en ningunha ocasión.

Tan só na comparecencia do Comité Técnico do Luns, 13 de Abril, despois de que unha terceira vítima de violencia de xénero fora asasinada desde que o confinamento foi decretado, o representante da G. Cívil fixo un brevísimo recordatorio da aplicacón AlertCorps, e nin sequera a representante da Policía Nacional, muller, tocou o tema.

Tampouco na rolda de prensa posterior na que, unha vez mais o Ministro do Interior compareceu, foi abordado, algo, entendemos, gravísimo.

Isto é aplicable, ademais, aos medios de comunicación que participaron en ambas comparecencias, e que, coma nos días precedentes, non formularon ningunha pregunta ao respecto.

Na asociación Si, hai saída somos conscientes, como non pode ser doutro xeito, da grave alarma sanitaria que estamos a vivir, pero, do mesmo xeito, cremos que é intolerable que se estea a amosar un mais que notable desinterés por todo o que atinxe a violencia de xénero e, principalmente, a situación de extremo risco que moitas mulleres e mesmo menores, confinados co seu agresor, están a sufrir.

A gravidade desta omisión é ainda mais notable se cabe se temos en conta que procede dun goberno que fixo da violencia de xénero unha ferramenta electoral estrela, algo que, lamentablemente, agora, está a demostrar que foi sinxelamente eso, unha ferramenta electoral.

Non menos grave é, por suposto, o desinterés que gran parte dos medios de comunicación están a amosar igualmente, e que deixa perfectamente claro a importancia que neste pais se lle está a dar a violencia machista tamén no eido informativo.

Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo