A asociación Si, hai saída denuncia o oportunismo de Ve-la Luz

Desde a asociación Si, hai saída, en relación coa manifestación organizada polo colectivo Ve-la Luz para o vindeiro Mércores, 16 de Outubro, con motivo do xuizo que se celebrará en Lugo, no que será xulgado J. Manuel Carballo Neira, alias O Chamaco, polo asasinato da súa parella, Ana Gómez Nieto, resultando tamén ferido un dos fillos menores da muller, queremos manifestar o noso mais rotundo rexeitamento ante o, de novo evidente oportunismo da asociación Ve-la Luz, que demostra, unha e outra vez, ademais dos seus mais que cuestionables métodos, xa denunciados por Si, hai saída desde o primeiro momento no que comezamos a nosa traxectoria hai cinco anos, e nos que abundan as presións, así como os insultos e descualificacións hacia quen non secunda os seus actos, deixando, ademais, ben patente, o seu modus operandi baseado en “golpes de efecto” mediáticos, para os que non dubidan en recurrir aos medios de comunicación.

Como exemplo significativo do que estamos a dicir están as dúas ocasións nas que o devandito colectivo, liderado por Gloria Vázquez, anunciou o seu peche, como se pode comprobar nos arquivos que adxuntamos, concretamente o 14 de Novembro do 2014 e o 17 de Setembro do 2018, para o cal non dubidaron en dirixirse a numerosos medios de comunicación, sendo curioso que en ningún momento fixeran o mesmo para comunicar o seu “regreso”.

Poucas foron as institucións ou colectivos relacionados coa violencia de xénero, así como as persoas pertencentes a algún deles que non foran nalgún momento insultados o calumniados pola Sra. Vázquez, e de todos é sabido a súa “curiosa” vinculación sempre a casos con sona mediática, dos cales non dubidan en sacar proveito.

Por todo isto, desde Si, hai saída non podemos por menos que apelar a prudencia e ao rigor non soamente dos medios de comunicación, se non aos de todos aqueles que, con boa vontade, seguro, pero descoñecendo a verdade de Ve-la Luz, apoian as súas accións así como reiterarnos, como tantas veces xa o fixemos, na nosa demanda de que todos e cada un dos colectivos que nos dedicamos a traballar con vítimas de violencia de xénero sexamos investigados e se coñeza con toda exactitude quen os integra, e, por suposto, o xeito no que se leva a cabo a súa actividade.

Non se pode permitir que algo tan serio como é a loita contra a violencia de xénero, que tantas vidas se está a cobrar, se vexa manchada polo afán de notoriedade e a megalomanía de ninguén.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo