A asociación Si, hai saída habilita un enderezo de correo electrónico para que persoas en situación de vulnerabilidade poidan facer consultas.

As 23:00h da noite do pasado Venres, 17 de Abril, unha persoa vinculada a Si, hai saída nunha situación de seria vulnerabilidade económica, malia a prohibición expresa do Goberno de cortar os suministros básicos durante o estado de alarma, recibiu no correo electrónico un burofax da súa empresa suministradora de gas e electricidade no que se lle comunicaba o corte de suministros nun plazo de cinco días, en pleno confinamento.

Non é difícil imaxinar o seu estado de angustia, xa que, ademais dos evidentes perxuizos que este corte implicaría, provocaría tamén non poder comunicarse con ninguén, porque algo tan sinxelo como cargar o seu teléfono móvil non sería, obviamente, posible e non dispón de teléfono fixo.

Por outra banda, o feito inxustificable de que este burofax lle fora enviado un Venres a esas horas da noite imposibilitaba que puidera contactar coa compañía ata o Luns, o cal non se pode cualificar mais que de atropelo.

Abusos coma o descrito son cometidos con moita mais frecuencia da que se pode chegar a pensar, e desde diversos eidos, sendo as persoas mais vulnerables as principais vítimas, non sabendo na maioría das ocasións como afrontalos, nin onde ou a quen dirixirse, ou, o que ainda é peor, tirando directamente a toalla, dando por sentado que non hai solución, algo que non en todos os casos é así, mais o descoñecemento, así como o seu precario estado psicoloxico, consecuencia da sua situación, lles resta toda capacidade de reacción, sendo os seus dereitos mais elementais vulnerados sen que isto trascenda, xa que sinten vergoña, polo que o silencian, sen que, porén, ninguén tome medidas respecto a eses abusos, algo que se torna especialmente grave nunha situación tan complicada coma a que estamos a vivir por mor do coronavirus, na que a vulnerabilidade e a escasez de recursos de moitos se ve notablemente incrementada.

En Si, hai saída somos coñecedores deste tipo de situacións, xa que son vividas por moitas mulleres vítimas de violencia de xénero que se achegan a nosa asociación, sendo, ademais, conscientes de que o colectivo de persoas que as sufren non se limita a aquel co que nos traballamos, se non que afectan a un amplo abano da poboación, sendo aqueles que as sufren os grandes esquecidos, os que semellan non existir.

E por eso que decidimos ir un paso mais alá, e facer extensiva, dentro das nosas posibilidades, a nosa axuda a esas persoas, tentando aclararlles as súas dúbidas e mesmo botándolles unha man cos trámites que deben realizar ou as accións a emprender ante situacións tan sangrantes contando coa valiosa axuda dos avogados da asociación, na confianza, ademais, de que este sexa o comezo para que, non soamente en momentos duros coma os que estamos a vivir, se non nun futuro, ir, pouco a pouco, conseguindo visibilizar a problemática de tantas persoas e que estes abusos deixen de cometerse.

Para isto vimos de habilitar un enderezo de correo electrónico: consultasihaisaida@gmail.com, no que, reiteramos, tentaremos prestar a maior axuda posible.

Así mesmo, convidamos a todos aqueles que o desexen a engadirse a nosa iniciativa.

Non soamente serán benvidos, se non que o equipo de Si, hai saída agradeceremos sinceramente toda canta axuda nos presten, xa que isto redundará na posibilidade de que o noso apoio poida chegar a mais xente, algo que é prioritario, xa que todos somos conscientes de que non so estamos a vivir momentos moi duros, se non que os vindeiros o serán tanto ou mais, e, coma sempre, os mais débiles serán os que mais os sufrirán.

En Si, hai saída temos claro que tentar impedir que isto suceda, ou palialo todo o posible, é tarefa de todos.

Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com