A asociación Si, hai saída manifesta o seu apoio a petición dun cambio de protocolo nas denuncias por violencia de xénero exposta por una testemuña

Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, en relación coa nova publicada nun xornal local na que unha testemuña dunha agresión machista solicita un cambio no protocolo para denunciar, de xeito que a identidade da persoa que da a voz de alarma a Policía non sexa desvelada ao agresor, queremos manifestar noso acordo con tal demanda, a que nos engadimos, así como noso absoluto apoio a quen a formula.

O actual protocolo, que en ningún momento salvagarda a intimidade da persoa que solicita a presencia da Policía, e que queda, porén, totalmente exposta as posibles represalias do agresor, así como a posibilidade real, e que, de feito, moitas veces sucede, de que testemuña e agresor cheguen a coincidir nas dependencias xudiciais, e, ademais de disuasorio para quen presencie ou escoite unha agresión machista, unha mais que evidente contradicción a unha das premisas que constantemente lanzan as Instucións nas campañas contra a violencia de xénero, nas que solicitan a colaboración veciñal, e instan a veciñanza a denunciar, non soamente as agresións consumadas, se non ante a posible sospeita de que se estea a producir un caso de violencia de xénero.

Non podemos, por outra banda, deixar de subliñar o preocupante que o aparente descoñecemento do perigo ao que as testemuñas son expostas por parte daqueles que teñen un papel relevante e decisivo na loita contra a violencia machistas semellan ter, o que avala a afirmación que desde Si, hai saída tantas veces fixemos xa, de que a auténtica realidade da violencia de xénero é ainda unha gran descoñecida, e que se tende a minimizar o perigo real que implica, tanto para as propias vítimas coma para quen, en ocasións, tenta axudalas, así como a reticencia que moitas veces se da a escoitar a aqueles que o vivimos con eles día a día.

De nada serven todas as campañas mediáticas do mundo, co conseguinte desembolso económico que implican, se non se trata de paliar o descoñecemento da realidade mais elemental. É, ademais de desalentador, tremendamente perigoso que algo tan elemental como o que esta testemuña reclama nunca se tivera en consideración, malia a constante escalada da violencia de xénero e de que o número de vítimas non deixa de medrar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com