A Audiencia de Lugo condena a dous anos de cárcere a un home por agredir a súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a dous anos de cárcere como autor dun delito de lesións a un home que agrediu a súa parella, á que propinou dous puñazos e meteu nunha habitación, pero que carecía de fechadura, polo que o tribunal absolveuno do delito de detención ilegal que lle imputaba a Fiscalía. Despois de que o seu compañeiro sentimental se fose da habitación dicíndolle que a ía matar, a muller abriu a porta do balcón e colgouse del para pedir auxilio.

Un viandante accedeu ao domicilio familiar e conseguiu que volvese entrar cara o interior. O tribunal tamén lle impuxo ao sospeitoso a prohibición de comunicarse e aproximarse a menos de 300 metros da vítima durante tres anos, así como o pago dunha indemnización de 523 euros ao Sergas polos gastos que lle ocasionou a atención que lle prestou á vítima.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo