A Audiencia Provincial de Lugo absolve por falta de probas a un acusado de agresión sexual

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolve a un acusado dos delitos de abuso sexual, agresión sexual e malos tratos habituais. O tribunal, tras analizar as probas, conclúe que o testemuño da denunciante presenta inconsistencias significativas, polo que non logra superar os criterios de credibilidade necesarios para desvirtuar a presunción de inocencia do acusado.

A sala explica que, a pesar de que a denunciante manifestara ser vítima de agresións sexuais en varias ocasións, o seu relato variou “substancialmente” en “aspectos de carácter substancial ou nuclear”, o que xera dúbidas sobre a veracidade das súas afirmacións. Ademais, os maxistrados consideran que non se achegou proba suficiente que apoie as acusacións de malos tratos habituais.

Na sentenza, o tribunal lembra que recae sobre a parte acusadora “a responsabilidade de demostrar a culpabilidade”. No fallo, explica que non quere dicir “que falte á verdade no seu relato”, senón que aprecia que a proba “non tivo a consistencia suficiente para alcanzar a certeza, máis aló de toda dúbida razoable, de que o procesado levase a cabo as accións polas que vén sendo acusado”.

A sentenza non é firme, pois é susceptible de recurso de apelación ante o TSXG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com