A aventura de aprender inglés xogando

Aprender inglés é o propósito de aninovo incumplido de moitos de nós. Unha lingua case universal e que se converte en imprescindíbel cando saímos de viaxe e que nos custa tanto aprender. E é que non é fácil decidirse a coñecer as entrañas dun idioma cando xa fai anos que saímos da escola e xa non nos lembramos de como era eso de sentarse diante dos apuntes e poñerse a estudar.

Por sorte, a vida evoluciona e, con ela, os métodos de aprendizaxe. Baixo as premisas de diversión, entretemento e utilidade nace en Lugo a academia de inglés ‘Inside Out’, da man de Josibel García e Beatriz Folgueira, dúas emprendedoras que, xuntas, cambiarán a forma de aprender inglés de nenos e maiores.

Esta tarde a partir das 20 horas, todo aquel que o desexe poderá acudir a inauguración de ‘Inside Out’, na praza Viana do Castelo. A academia abrirá ás súas portas o luns para os grupos infantís, de 3 a 12 anos, cun método revolucionario e único na cidade: o WowEnglish.

Esta metodoloxía céntrase en tres piares fundamentais: grupos reducidos, clases 100% en inglés e, o máis importante, aprender xogando.

“É un método dinámico, baseado no aprendizaxe da lingua de forma natural; con actividades, moitos xogos…Traballamos moito coas enerxías da clase, buscamos que os nenos veñan a clase con ganas, motivados”, conta Josibel García, quen explica tamén a procedencia do WowEnglish: “Esta metodoloxía nace dun profesor inglés, ao redor do 2014 e todo o material está baseado nel e na súa mascota: un paxariño”.

Pero Beatriz e Josibel non quedan aí. O soporte audiovisual é chave á hora de transmitir o aprendizaxe aos máis pequenos, tanto é así, que o inglés sae das aulas e chega aos fogares dos seus alumnos. “A parte das clases que son moi dinámicas, os nenos reciben un cd-dvd e unha app para que os nenos poidan seguir en contacto co inglés, ademáis teñen unha canle de Youtube moi activo no que hai contido diario para que os pequenos podan seguir en contacto co inglés”, relata Beatriz García.

“Aos nenos gústalles e normalmente piden ver os vídeos na casa”, explican estas profesoras que contan cunha dilata experiencia profesional en todas as idades. Ademáis, toda a ensinanza das aulas poderá reforzarse con obradoiros de diferentes temáticas que organizarán, a parte das clases, para incorporar novos coñecementos.

‘Inside Out’ ten actualmente a matrícula aberta para os nenos e poden obter toda a información na súa web: insideoutenglish.com ou nas redes sociais da academia, en Facebook e Instagram.

Adultos tamén na aventura

Beatriz e Josibel abren ás súas portas, tamén aos adultos, seguindo as premisas do método infantil pero adaptadas. Así, os grupos reducidos e a diversión continúan centrando as clases para adultos, divididos tamén por niveis pero cunha particularidade que diferencia esta academia das demáis: sitúa ao alumnado en contextos que simulan situacións reais, da vida cotiá, facilitando así unha aprendizaxe útil e comunicativa que axudará aos adultos a desenvolverse, por exemplo, nunha viaxe polo estranxeiro.

Ademáis, as aulas de adultos, que comezarán próximamente, contarán coa posibilidade de ofrecer clases individualizadas para fins concretos.

Colaboracións para dinamizar o barrio

Pero o afán de traballo destas rapazas non queda só nas clases de inglés. Beatriz e Josibel buscan tamén dinamizar o barrio no que teñen situada a súa academia a través de posibles colaboracións con empresas e asociacións da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com