A candidatura do BNG–Asambleas Abertas visita o campus universitario para presentar as súas propostas

Nunha visita ao campus universitario, onde o candidato do BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza con persoal da USC, Arroxo sinalou que “dende os concellos seremos un verdadeiro contrapoder ás políticas do PP e do PSOE que en Lugo representan Orozco e Castiñeira”.

Arroxo afirmou que “vemos como se poñen dacordo en Madrid para cambiar a constitución ou para volver a implantar a cadea perpetua” por eso o candidato do BNG-Asambleas Abertas pediu o voto “ás persoas que non queren como alcalde a un Castiñeria traidor nin a un Orozoco caduco e imputado”.

“Somos a única aposta de futuro e ilusionada por crear un concello para as persoas”, sinalou Arroxo, convencido de que “mesmo os votantes moderados do PP están absolutamente indignados cos recortes que deixan a miles de persoas na exclusión social e tamén indignados cun Orozco pluriimputado e inactivo que está en franca retirada”.

Rubén Arroxo afirmou que “a xente sabe que a nosa candidatura está comprometida na loita contra a pobreza infantil e a enerxética e que garantiremos o dereito aos servizos domésticos básicos”. “Os concellos nos que goberna o BNG están á vangarda das políticas de igualdade, plenamente implicados coa normalización do idioma propio, comprometidos coa cultura e co patrimonio do país” lembrou Arroxo.

Arroxo apuntou que “dende o concello traballaremos, como fixemos sempre, para dar apoio e cobertura real a todas as mulleres que sufren malos tratos”. Faremos plans de prevención para previr que as mozas máis novas comencen a ser víctimas do machismo nas súas primeiras relacións de parellas porque “esto é o que está a suceder na mocidade”. Para o BNG – Asambleas Abertas a violencia de xénero debe ter unha consideración e repulsa semellante á do terrorismo porque “ao fin é terrorismo machista” concluiu Arroxo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com