" />

A CEL e o Concello de Láncara convenian polo fomento da internacionalización

A Confederación de Empresarios de Lugo ( CEL) e o Concello de Láncara subscribiron recentemente un protocolo xeral de colaboración para a posta en marcha de accións conxuntas dirixidas a fomentar o desenvolvemento da actividade económica das empresas de Láncara, con especial atención á internacionalización e o incremento da súa competitividade, procurando ademais que estas accións sexan extensibles ao resto de empresas da provincia.

Respecto das actuacións de internacionalización, o acordo incide na especial vinculación do Concello de Láncara coa República de Cuba, excelente base para “fomentar a toma de contacto das empresas da provincia coa illa, que na actualidade presenta interesantes oportunidades económicas”.

O convenio foi rubricado polo alcalde do Concello de Láncara, Darío Piñeiro, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, na sede do Concello lancarés e ten unha vixencia xeral dun ano, prorrogable anualmente.

Por outra banda, xa está formalmente constituída e inscrita no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia a Asociación de Amizade e Solidariedade de Láncara con Cuba, da que forman parte tanto empresarios da zona de Láncara como directivos da CEL. Con esta nova asociación búscase, do mesmo xeito que co convenio subscrito entre CEL e o Concello de Láncara, contar cunha plataforma que facilite as relacións das empresas de Lugo coa República de Cuba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo