" />

A CEL pecha a candidatura para o proceso electoral da Cámara

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) vén de pechar a candidatura que concorrerá ao próximo proceso electoral da Cámara de Comercio de Lugo, logo das decisións adoptadas en diferentes reunións de empresarios lucenses que acordaron por unanimidade non deixar que o ente cameral lucense “sexa o primeiro de ámbito provincial en disolverse”.

A candidatura está conformada por representantes de todos os sectores de actividade establecidos nos grupos con representación no futuro pleno de a Cámara, en moitos casos coa presenza de presidentes e membros da directiva das asociacións empresariais máis representativas da provincia.

A maiores da candidatura, están tamén decididos os nomes propostos na terna que corresponde presentar á CEL como organización empresarial máis representativa da provincia, e que estará conformada por Luís García Santalla, presidente da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo; Eduardo Jiménez Aguirre, director xeral de Magnesitas de Rubián e membro do Consello Asesor da CEL; José Mª Seijas López, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo e Jaime López, Secretario Xeral da CEL.

CANDIDATURA CEL CÁMARA COMERCIO LUGO

GRUPO 01

Bolsera Galega S.L. (José Luís Pérez López, Presidente Centro Comercial Urbano de Lugo).

Subministracións Galegas S.L. (Manuel Díaz Muñoz, Consello Asesor CEL).

Modesto José Teijeiro Valledor, Presidente Club Fluvial Lugo.

GRUPO 02

Madeiras Villapol S.L. (Daniel Villapol Valea, Presidente Asociación 1ª Transformación da Madeira de Lugo)

Embutidos Montepicato S.L. (Pablo Valín Fernández, Consello Asesor CEL)

GRUPO 03

Construcións Eladio Díaz Campos S.L. (Xabier Díaz Díaz, Presidente Asociación Provincial de Promotores de Edificación de Lugo).

Construcións e Canalizacións José Saá S.L. (José Saá Saá, Xunta Directiva APEC).

Oltaya Lugo S.L. (Jesús Curral Rivas, APEC).

GRUPO 04

Computer 3 S.L.U. (Manuel Pérez Masero, Presidente Asociación.

Rito de Jano S.L. (María Lourdes Pardo Rodríguez, Secretaria Fundación CEL).

Manuela Reija Ferreiro (Asociación Comerciantes Avenida Coruña).

Electrodomésticos Cholo S.L. (Juan Andrés Chousa Abuín, Presidente Asociación Reparadores de Electrodomésticos).

Roysan Auto S.A. (Manuel Veiga Sanfiz, Concesionarios Automoción, APREVAR).

GRUPO 05

Guindastres Castelao S.L. (Carmen Castelao Muiña, Presidenta Asociación de Transporte Discrecional de Mercadorías por Estrada TRADIME).

Transportes Flores de Lugo S.L. (José Manuel Flores Castro, Directiva TRADIME).

GRUPO 06

José Francisco Real Castro, Presidente Asociación Provincial de Hostalería de Lugo – APEHL).

Pazo de Orbán S.L. (Manuel Ángel Fernández Díaz, Directiva APEHL).

GRUPO 07

Motos Montouto S.L. (Luís Montouto Illán).

Actividades Aeronáuticas Lucenses S.L. (Francisco Javier Abelleira Álvarez).

Clínica Médica Dinán S.L. (Jorge Somoza Lázare).

Aguirre XXI Correduría de Seguros S.L. (Roberto López Carro).

TERNA DE CANDIDATOS CEL

Luís García Santalla, Begasa, Presidente Fundación CEL Iniciativas por Lugo.

Eduardo Jiménez Aguirre, Magnesitas de Rubián, Consello Asesor CEL.

José Mª Seijas López, Presidente Federación Galega de Comercio e Federación de Comercio de Lugo.

Jaime Luís López Vázquez, Secretario Xeral CEL.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo