" />

A cifra de contaxios en Lugo mantense coma onte

Os números son os mesmo que onte na área sanitaria de Lugo, 161, e no que se refire a Galicia o número de casos activos por Covid-19 descendeu en 72 casos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.631, deles 606 son da área da Coruña, 161 da de Lugo, 405 da de Ourense, 138 da de Pontevedra, 697 da área de Vigo, 517 da de Santiago, e 107 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 26 permanecen en UCI, 191 están en unidades de hospitalización e 2.414 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.445 persoas curadas, rexistrándose 593 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 116.144.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo