A CIG esixe control ás empresas e CC.OO transparencia ao Concello

A CIG Lugo – A Mariña denuncia que lle están a chegar información por parte de traballadores e traballadoras de que no caso dos ERTE´s por Forza maior a causa do COVID-19 moitas empresas están utilizando a formula da retroactividad na data de Inicio do ERTE ao día 14 de Marzo de 2020, a pesar de que os traballadores e traballadoras tiveran traballado en datas posteriores, para aproveitar así de pagas as nóminas ate o día 14 e aforrarse o resto dos días traballados. Igualmente, son moitas as empresas que aproveitan esta situación para conceder periodos de vacacións, algo que tamén é absolutamente ilegal.
A CIG di que “Dita actitude por parte das empresas constituen un fraude á seguridade social e ao SEPE” , CIG demanada control por parte das administracións para que estes feitos non se produzan.

CC.OO pide transparencia ao Concello de Lugo

A Sección sindical de CC.OO no Concello de Lugo, ven de emitir un comunicado no que di “despois do estado de alarma decretado polo goberno central o pasado 14 de marzo a causa da pandemia do virus Covid-19, e ao non haber unha información oficial por parte do Concello de Lugo sobre os posibles casos de contaxios ou en período de illamento (cuarentena) entre o persoal municipal, que son considerados como situacións asimiladas ao accidente de traballo.
Todo elo, aseguran “en beneficio da saúde laboral do persoal municipal e da transparencia do Concello de Lugo, unha vez que xa aparece nos medios de comunicación que varios traballadores dan positivo e outros están en cuarentena polo Covid-19.
Que á maior brevidade posible se proporcione a este sindicato toda a información e esixenlle ao ” Goberno Bipartito que non se vulneren dereitos básicos do persoal como son os de información, diálogo e negociación cos seus representantes legais”.

Foto: Google Maps

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Abr 02, 2020 - 10:19 PM

    Vos tamén precedes de outra galaxia, non concedes o persoal. Si era sabido que esto se prestará para cuarenta artimañas, a picaresca da xente sempre foi y será. Non mired es os problemas para outro lado, mirade os de frente. É logo saír na prensa como se descubrirás as americas

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com