A CIG esixirá o peche dunha canteira pola aparición de sales de uranio

A Federación da Construción e da Madeira da CIG en Lugo-A Mariña ven de emitir un comunicado para “amosar a súa alarma e preocupación pola aparición de sales de uranio nunha canteira situada en Vilachá de Mera, advertindo do seu alto perigo en situacións de exposición a cantidades elevadas ou de xeito continuado”.

A CIG solicita que” Xunta e as administracións competentes coma o Consejo de Seguridade Nuclear deben tomar cartas no asunto  e clausurar a canteira de xeito inmediato, ademais de iniciar un estudo xeolóxico da zona que permita determinar se a aparición deste mineral radioactivo está circunscrito a esta canteira ou a unha zona mais ampla e se a súa presenza, nos niveis atopados, supón un perigo ou non para as persoas”.

Mañá mesmo a central vai “solicitar á Inspección de Traballo que evalúe os riscos e de ser necesario, actúe para salvagardar a saúde dos traballadores e incluidos veciños da zona que puideran verse afectados clausurando a zona”.

Así mesmo a CIG solicita das administracións, que “á maior rapidez  posible se lle fagan as probas de saúde pertinentes aos traballadores desta canteira nun primeiro momento, mais tamén aos traballadores das canteiras dos arredores para determinar que a súa exposición continuada a estes elementos non supuxo afectación algunha”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com