" />

A Concellaría de Medio Ambiente traslada á veciñanza que os parques e zonas verdes da capital están abertos 

Con motivo da relaxación dalgunhas das medidas do confinamento, anunciadas onte polo Goberno central, dende a área de Medio Ambiente do Concello de Lugo, trasládase á poboación que os parques e zonas verdes da cidade permanecen abertos para o seu uso.

Se ben, as áreas de xogo infantís e biosaudables deben continuar pechadas ao público, para evitar a propagación do coronavirus a través do contacto co mobiliario urbano, no caso dos espazos axardinados da capital estes están a disposición dos veciños/as para que poidan aproveitalos como lugar para a práctica deportiva e o lecer.

Dende Medio Ambiente sinalan que o acceso aos mesmos sempre estivo permitido e as instalacións abertas, e  cun mantemento permanente para que, aquelas persoas que por razóns clínicas tiñan autorizada a súa saída á rúa, puidesen empregalas ao igual que as e os propietarios de mascotas, tendo en conta as restricións recollidas no decreto do Estado de Alarma e conforme ás indicacións que establece a Lei de Protección de Seguridade Cidadá e que, dende Medio Ambiente, se solicita se continúen a respectar seguindo as novas pautas implementadas polo executivo estatal.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Marola Canto Arena
    Mai 03, 2020 - 11:04 AM

    Cuando van a repartir las mascarillas en el medio rural del concello de Lugo?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo