A CONSELLEIRA DE EMPREGO E IGUALDADE, MARÍA JESÚS LOURENZANA, REUNIRASE COA DIRECTIVA DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE LUGO

A Conselleira de Emprego presentou á CEL o plan para persoas traballadoras, autónomas e microempresas

A Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantiveronhoxe un encontro coa directiva da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) para avanzar nos proxectos que a Xunta está a desenvolver no camiño da reactivación económica e referendar o seu compromiso co tecido productivo mediante a aprobación onte dun orzamento de 11.563 millóns de euros -o maior da historia de Galicia- e a activación das liñas de axuda -dotadas con 84 millóns de euros – para axudar a persoas autónomas,microempresas e, en especial, ao sector da hostalaría.

Ante os representantes da CEL, Eduardo Valín e Jaime Luis López, conselleiro delegado e secretario xeral da entidade respectivamente, Lorenzana destacou a relevancia que o Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas, microempresas e sector da hostalaría terá para os empresarios desta provincia “do que por suposto poderán beneficiarse os asociados da CEL e coñecidos máis afectados polas consecuencias da pandemia”, apuntou.

O plan, especificou a conselleira, “está dotado con 84 millóns de euros e caracterizado pola accesibili dade dos seus requisitos e a axilidade á hora de tramitar ás axudas, xa que en cuestión dun mes os primeiros solicitantes xa estarán cobrando o apoio económico para contribuír ao mantemento da súa actividade empresarial”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com