A Consellería de Cultura oferta de 3.991 prazas en ciclos de FP

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria oferta para o curso 2015/2016 un total de 3.991 prazas en primeiro curso en ciclos de Formación Profesional en centros públicos da provincia de Lugo, segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Delas, 2.474 forman parte do réxime ordinario – 1.338 en grao medio e 1.136 en grao superior-, mentres que outras 617 son do réxime modular para persoas adultas – 371 en grao medio e 246 en grao superior-, 250 do réxime modular a distancia – 150 en grao medio e 100 en grao superior-, 620 en FP Básica, e outras 30 en FP

A oferta, moi similar en termos e cifras xerais á do curso 2014/2015, modifícase cada ano para adaptarse á demanda e ás necesidades expresadas polos centros educativos; diante do importante interese que esperta a FP. Neste senso, cómpre lembrar que en toda Galicia máis de 53.000 alumnas e alumnos cursan no presente curso ensinanzas de FP – 1º ou 2º curso de ciclos de grao medio ou superior, ciclos de FP básica ou programas formativos básicos-, máis do 86% deles en centros públicos.

O prazo de preinscrición nos ciclos comeza o día 17. Os diferentes prazos de matrícula poden consultarse no enlace web http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral-admision , dentro do portal educativo.

No referido ás novidades para completar ou diversificar a oferta da provincia, no réxime modular para persoas adultas –modalidade presencial- implantarase o novo ciclo medio de Electromecánica de vehículos automóbiles no CIFP As Mercedes (Lugo).

Doutra banda, amplíase a implantación da FP Dual co ciclo medio de Construción, no CIFP Politécnico de Lugo, coa colaboración de varias empresas da provincia. Pola súa parte, avanza a implantación da FP Básica co novo ciclo de Informática de oficina, que se ofertará no IES Marqués de Sargadelos (Cervo).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com