" />

A Consellería de Educación realizará melloras no CEIP Santa María da Fonsagrada

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prevé instalar proximamente un novo depósito de gasóleo do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Santa María da Fonsagrada, traballos que xa están contratados.

Tamén se procedeu recentemente á substitución de parte da carpintería na entrada, cambiando as ventás por outras en PVC con dobre acristalamento, que asegura un mellor illamento térmico. Esta actuación responde á liña marcada pola Xunta de implementar nos centros públicos medidas que permitan incrementar a eficiencia enerxética e aforrar custos. En conxunto, a consellería destinou nos últimos meses máis de 13.700 euros a diversas reformas no colexio.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, lembrou que estas melloras enmárcanse na programación habitual de obras de mantemento e conservación da consellería, que “permanece atenta ás necesidades dos centros para darlles resposta, procurando que as instalacións estean nas mellores condicións posibles porque a accesibilidade, a seguridade e o confort tamén determinan a calidade do ensino público”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo