A corporación municipal pecha a lexislatura despedindo a Lugonovo e ACE-EU

Pasados uns minutos das cinco da tarde, o salón de plenos do Concello de Lugo, acollía o último pleno da lexislatura; un pleno de despedidas que rematou uns cinco minutos despois de empezar. Só falou a rexedora en funcións, Lara Méndez que quixo despedir a todos os ediles que non van seguir no Concello a partir deste sábado, cando se formará a nova corporación.

Así, principalmente, Lugo despídese de dúas agrupacións: Lugonovo, que contaba con tres concelleiros (Cristina Pérez, a voceira; Victor Álvarez e Victoria Esteban), e Ace-EU, que ocupaba un só sillón, o de Carlos Portomeñe.

Tamén PSOE, PP e Cs despiden hoxe compañeiros. Así, os socialistas despiden aos concelleiros, Carmen Basadre (Cultura), Rosana Rielo (Concello e Cidadanía), Manuel Núñez (Educación), Daniel Piñeiro (Persoal) e Ana Prieto (Economía). Nos seus sillóns sentaranse agora, previsiblemente, Álvaro Santos Ramos, Paula Alvarellos, Mauricio Repetto, Olga López e Miguel Couto; que acompañarán aos que xa formaban parte da corporación de Lara Méndez: Miguel Fernández e Ana González Abelleira, ademáis da propia rexedora.

Os populares, pola súa banda, renovan, case por completo, a súa bancada ao despedirse da corporación municipal Enrique Rozas, Ángel Trabada, Mari Teijeiro, Ana López Pombo, Encarna Amigo, Carmen Penelas e Isabel Devesa. Nos seus lugares, e xunto a Antonio Ameijide e Manuel López, que continúan no Concello, entrarán a formar parte da corporación Ramón Carballo, Carmen López, Beatriz Isabel Vázquez, Sagrario Sánchez, Óscar Poy, Javier Vázquez , Cristina Abades e Rafael Manuel Pérez.

Cidadáns dirá adeus a Jesús Expósito que lle deixará o seu sillón ao avogado Juan Vidal-Pardo.

Mentres tanto, o BNG mantén os dous ediles que xa tiña (Rubén Arroxo e Maite Ferreiro) aos que se lles unirá Alex Penas Roibás, Cristina López Fernández e Felipe Rivas Jorge.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com