A Corporación provincial aproba unha declaración institucional en apoio aos traballadores de Alcoa

A corporación provincial aprobou no Pleno hoxe unha declaración institucional que recolle textualmente as peticións dos traballadores de Alcoa que lle trasladou directamente o Comité de Empresa. Antes de entrar no pleno o presidente do executivo, Darío Campos destacou que “creo que a situación de Alcoa debe quedar ao marxe de calquera discusión política, pois hai 2.000 familias da Mariña que viven directa ou indirectamente do funcionamento desta factoría, vital para economía da provincia”.

A declaración institucional recolle o texto íntegro do Comité de Empresa de Alcoa, apuntando que se instará tanto á Xunta como ao Goberno do Estado a que se constitúa unha mesa de traballo onde estean presentes todos os sectores afectados polo Estatuto de Consumidores Electrointensivos, para desenvolver un novo documento para esta industria. Asemade, tamén se instará ao goberno de Pedro Sánchez a que se vaian facendo efectivas certas medidas nos Orzamentos Xerais do Estado para este 2019. O comité de empresa, co apoio de todos os deputados provinciais, propón que se presenten alegacións a este estatuto para regular a tarifa desta industria dun xeito máis xusto e equitativo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo