" />

A Delegada da Xunta en Lugo di que será “máis util” no cargo actual

Onte facía unhas declaracións a Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, nas que dicía que” será máis util” no cargo actual, que como concelleira ou querería dicir “maís sutil”? O caso é que ditas declaracións deixaron abraiadas a todas as persoas coas que tiven o pracer de falar. Ninguén daba crédito ao que remataba de ler, pero a indignación era moito máis acusada en xentes que votan ao PP. A pregunta repetíanma como un mantra: pero é que estes políticos non aprenden? E retrucaban, esta señora monta unha lea monumental no Partido Popular postulándose para presidir a Deputación de Lugo, colócase na lista do PP para o concello de Sober e, antes de que se constitúa o concello, dimite como concelleira, declarando ademais que renuncia á  Deputación. Postos a renunciar tamén puido renunciar ao cargo de ministra de Cultura que parece vai deixar Werth.

Todo moi bonito, pero que hai do respecto aos cidadáns, aos veciños de Sober que votan a unha persoa para concelleira e dimite sen máis, sen dar explicacións, como se as listas electorais foran unha leira privada que utilizas ao teu antollo. A estas alturas da película non habería que lembrar que cando alguén se presenta nunha lista ás eleccións contrae un compromiso cos votantes que depositan o seu sufraxio.

Logo non se explican porque as novas formacións políticas soben en cada nova votación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo