A Deputación achegará 50.000 euros ao programa de inserción laboral de COGAMI

A Deputación achega 50.000 euros ao Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI Lugo. Así o subliñou o Presidente, Darío Campos Conde, que avanzou que este orzamento se aprobará en vindeiras Xuntas de Goberno. Fíxoo logo de coñecer o servizo que presta este colectivo sen ánimo de lucro durante a visita as súas instalacións en Fingoi. Campos Conde salientou que “con esta nova axuda queremos potenciar o programa de inserción laboral de COGAMI, que no último ano fixo posible que 222 lucenses con discapacidade atopasen traballo en 113 empresas da provincia”.

Durante a visita, o Presidente estivo acompañado polo Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, e polos Presidentes de COGAMI en Galicia e Lugo, Anxo Queiruga e José Luís Lolo Celeiro. Esta colaboración da Deputación con COGAMI súmase a outras como o Ben Empregado. Pois esta programación de emprego deu traballo a 5 persoas nesta asociación, contribuíndo ao impulso da súa actividade e á inserción laboral de persoas con discapacidade física. Son un axudante de mantemento de xardinería, un profesor de actividades artísticas, un auxiliar de Enfermería, un logopeda e un fisioterapeuta.

Outras das axudas do organismo provincial a COGAMI é a cesión gratuíta dunha parcela de 1.500 metros cadrados, propiedade da Deputación, para que este colectivo amplíe os seus servizos na provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com