" />

A Deputación acolle a exposición retrospectiva 10 Premios Luís Ksado

A Deputada Provincial, Pilar García Porto, o Deputado Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, e o Comisario da Exposición, Xurxo Lobato, inauguraron esta tarde a mostra “Exposición Retrospectiva 10 Premio Luís Casado”. A exposición, posta en marcha pola Deputación da Coruña en colaboración con Lobato, chega agora a Lugo da man da Deputación, e permanecerá na Sala de Exposicións de San Marcos ata o vindeiro 19 de novembro.

García Porto destacou “o compromiso da Deputación de Lugo coa arte e a cultura, así como con outras iniciativas que teñen como finalidade democratizar a arte e achegala á cidadanía”. Nesta liña, García Porto subliñou que “este compromiso materializase con medidas como a recuperación da obra de Álvaro Gil, que xa se atopa dende o pasado ano na cidade amurallada; ou a amplísima colección artística que a Deputación trae á provincia, coas ducias e ducias de exposicións que tiveron lugar na Capela de Santa María”.

O premio Luís Ksado naceu en 1997 con vocación de fomentar a creatividade fotográfica e ligala ao fotodocumentalismo. Nos premios apóstase por unha mirada plural e aberta da fotografia documental. Entre os premiados neste certame destacan, entre outros, Xose Abad cunha serie de retratos de “Inmigrantes” en Galicia”; Xulio Villarino con “Paisaxe subliminal”; o fotógrafo da mítica axencia Magnum Photo, Peter Marlow achégase á catedral de Santiago de Compostela para captar o ambiente peregrino e os cantos descoñecidos. Vari Caramés, en “Galicia instamatic” retrata unha Galicia suxestiva, evocadora, a través da súa simboloxía tradicional con mirada contemporánea en cor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo