A Deputación amplía o único centro diurno para persoas discapacitadas intelectuais da Mariña Occidental

O Vicepresidente da Deputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, mantiveron este martes un encontro con usuarios do Centro Ocupacional da Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais (ASPANANE), que se sitúa na localidade viveirense. Son as únicas instalacións na Mariña Occidental que prestan servizo diúrno a persoas con discapacidade intelectual. O Goberno da Deputación concedeu a este colectivo unha axuda de 35.000 euros para ampliar e mellorar dito centro, que actualmente atende a 36 veciños.

Santos Ramos e Loureiro García, acompañados pola Presidenta e Directora de ASPANANE, Mercedes Varela Bolón e Elena Santos, respectivamente, e por uns 30 usuarios, supervisaron as obras que xa se están a executar co orzamento concedido polo Executivo Provincial no Centro Ocupacional. As obras abranguen a nave que actualmente está en uso. Na outra infraestrutura, que agora mesmo non ten servizos, tamén se arranxará a fachada, ademais de realizar todas as actuacións necesarias para o acondicionamento do seu interior. Isto suporá que o Centro Ocupacional de ASPANANE gane 400 metros cadrados cos que ampliar as súas prestacións. 35.000 euroos.

Servizos de ASPANANE

A Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais conta cun total de 224 socios. Esta asociación ofrece servizos de Centro de Día (que ten 16 usuarios) e Centro Ocupacional (que ten 36 usuarios). Prestan servizo de atención e asesoramento a todas as familias que o necesiten; actividades deportivas, culturais ou lúdicas, como ximnasia ou canto; así como obradoiros de carpintería, serigrafía ou tampografía.

Todo isto co fin de integral socialmente ás persoas con discapacidade intelectual. Neste senso, promoven variadas iniciativas coa colaboración de administracións como a Deputación e do tecido empresarial. Por exemplo, o Goberno Provincial financiou con máis de 1.800 euros talleres de Xornalismo e Deportes. ALCOA conta coa participación de usuarios de ASPANANE nos traballos de empaquetado de sobres; e Electrodomésticos Viveiro para a montaxe de pezas neste tipo de aparellos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com