A Deputación apoia a recría, mellora xenética e venda de Rubia Galega

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, mantivo este martes un encontro con produtores de Rubia Galega da provincia, que forman parte de ACRUGA; colectivo que integra a un total de 1.400 profesionais lucenses deste sector. Fíxoo nas instalacións desta asociación para avanzarlles a nova colaboración do Goberno da Deputación cos mesmos. Conta con 380.000 euros, que se destinarán a programas de recría, mellora xenética e venda. Isto permitirá potenciar a Rubia Galega e aforrar milleiros de costes aos produtores.

De dita cantidade, o Executivo da Deputación destina 180.000 euros á recría de exemplares nas instalacións da Granxa Gayoso Castro. Este programa desenvólvese dende 2007. Supuxo a recría de 1.640 novillas; un aforro superior aos 2 millóns de euros para os produtores -posto que o Goberno Provincial asumiu todos os custos da recría-; e beneficios doutros 2,4 millóns de euros, derivados da venda de exemplares de alta calidade a un prezo medio de 2.000 euros en distintas poxas.

Os 200.000 euros restantes desta colaboración achéganse a un novo proxecto de mellora xenética da raza. Consiste no estudo da evolución do peso duns 10.000 toros para acadar datos exactos e necesarios cos que mellorar as características dos exemplares de Rubia Galega.

Os propios gandeiros recibirán directamente uns 20 euros por animal para levar a cabo as pesadas correspondentes. Faranas no seu nacemento, aos 3 meses e no destete. Técnicos de ACRUGA recollerán estes datos, comprobarán o crecemento de cada animal e os mellores sementais para incrementar a calidade da cabana. Terán unha radiografía máis exacta dos exemplares e un mellor coñecemento sobre o resultado do modelo de crianza que se estea a levar a cabo nas distintas explotacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com