A Deputación aproba as bases das axudas de 300.000 euros para asociacións culturais

A Xunta de Goberno aprobou onte as bases das axudas de 300.000 euros da Deputación para asociacións culturais lucenses. Na páxina web do executivo provincial habilitarase un banner con toda a información, así como a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas subvencións. Son axudas de entre 300 ata 3.000 euros para programacións de música, baile, teatro, o fomento da lingua ou a potenciación do patrimonio cultural.

As bases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades asociativas culturais da provincia contemplan axudas para a realización de actividades culturais no 2018. Concretamente para a dinamización socio-cultural e cultural en todas as súas vertentes; potenciar a historia, a música, as tradicións de Galicia o uso do idioma galego, así como iniciativas de potenciación do patrimonio material e inmaterial do pais, entre outras.

Primase os criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarase favorablemente os proxectos que fomenten a igualdade de xénero, actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais, entre outros. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural.

Na pasada edición o Goberno da Deputación achegou 280.000 euros, para dinamizar as actividades na provincia, concretamente destináronse a 56 Concellos, beneficiando a un total de 278 asociacións culturais, nun total de 539 actividades como por exemplo festivais, poesía, teatro, magosto, viaxes culturais, edicións de libros ou clases de música tradicional, entre outras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com