A Deputación aproba melloras en dotacións públicas de Navia de Suarna e Lugo

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou, este mércores, novas obras de mellora en dotacións públicas por valor de case 170.000 euros no Concellos de Navia de Suarna e Lugo. Concretamente, son 114.000 euros de Deputación e Concello para realizar obras de mellora no sistema de abastecemento e pavimentación en Navia de Suarna, nos núcleos de Pobra e Barcia; así como 55.000 euros para pavimentar as Rúas da Aguia e Vila de Sarria, no Concello de Lugo. Nos vindeiros días, poderase iniciar a contratación destes traballos.

En Navia de Suarna, as actuacións consisten na mellora da rúa e traída de auga do núcleo da Pobra, na que se atopa a Igrexa e a residencia. Son traballos que se engaden aos xa executados nesta vía e cos que se remata a renovación integral da vía. En Barcia, núcleo rural, dotarase dunha nova traída de auga en beneficio dos veciños da zona así como unha casa de turismo rural.

En Lugo, realizaranse obras de pavimentación na Rúa Aguia que servirán para facilitar o acceso a un parque periurbano da zona, moi empregadas pola veciñanza e na rúa Vila de Sarria, situada no entorno do Parque Rosalía de Castro, tamén moi transitada por veciños e visitantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo