A Deputación axudará a Mancomunidade de Municipios da Mariña no impulso do turismo á comarca

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto, asinaron este venres no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración de 25.000 euros para continuar desenvolvendo proxectos para fomentar o turismo na Mariña Lucense. Tomé Roca subliña que este convenio ten como obxectivo “darlle continuidade e impulso a un proxecto de unidade e de busca de sinerxías para impulsar o desenvolvemento económico e social da comarca da Mariña”. Así mesmo, aseguraque dende a Deputación de Lugo seguiremos colaborando coa Mancomunidade, neste caso en materia turística, unhas das actividades que sufre un maior impacto pola pandemia e estratéxica na comarca”.

O mandatario provincial tamén incide en que “as iniciativas que se desenvolven baixo o paraugas deste convenio teñen que servir para lograr a desestacionalización do turismo, conseguir a diferenciación con respecto a outras zonas e ser a chave que axude a que os visitantes queden a durmir varios días na Mariña”. Tomé Roca subliña que “esta comarca é moi diversa e ofrece múltiples opcións para a persoa que nos visita, por iso debemos aproveitar que non é unha comarca masificada para facerlle saber ao mundo que somos unha opción de primeira para os novos tempos que vivimos”, afirmou José Tomé.

A través deste convenio, a Mancomunidade ten previsto reforzar a súa presenza nas redes sociais e nos medios de comunicación e lanzar iniciativas de promoción e difusión das iniciativas que teñen en funcionamento, como é o caso das Rutas de Artesanía oudas visitas con audioguías nos concellos. Ademais, a agrupación ten previsto continuar creando novas experiencias que fomenten o denominado turismo slow, polo que vén apostando o colectivo de municipios nos últimos anos.

O obxectivo é axudar na reactivación urxente do sector e continuar coa axeitada promoción do xeodestino apostando pola diversificación, en base a un turismo sostible, e por segmentos clave, como son o turismo de natureza, turismo cultural e o turismo gastronómico, pois son o tipo de actividades que motivan principalmente a visita á Mariña. A agrupación de municipios aspira a consolidar e crear produtos en base aos recursos propios, que poñan en valor a súa realidade e permitan posicionarse cunha imaxe facilmente comprensible en torno a aspectos singulares do territorio, como é a hospitalidade, a calidade de vida, a riqueza natural, gastronómica e cultural e o deporte, baseándose na filosofía slow e brindando, tanto ao turista fidelizado coma ao potencial, a posibilidade de viaxar e desfrutar do territorio sen présa, con opcións para afondarno propio e auténtico do xeodestino.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com