" />

A Deputación colabora na dixitalización de fondos para o arquivo oral do Museo do Pobo Galego

O Voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, e o Presidente do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi González, asinaron un convenio de colaboración polo que o Executivo provincial colaborará con 15.000 euros para os gastos de desenvolvemento ordinario das actividades do museo en todos os seus servizos, así como para o proxecto de dixitalización e estudo de fondos para o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI).

Trátase do fondo documental e dixital do Museo do Pobo Galego sobre música tradicional galega, festas e celebracións populares, entrevistas e outros documentos audiovisuais, así como un gran número de datos etnoculturais, que ten como obxectivo promocionar e impulsar o patrimonio inmaterial e cultural galego, ao tempo que se poida empregar como un recurso didáctico.

Santos Ramos subliñou que “colaboramos co Museo do Pobo Galego para facer posible o labor desta entidade e permite a celebración de ducias de iniciativas coma estas, encamiñadas a preservar e difundir a identidade común que temos como galegos. Facémolo porque estamos convencidos da necesidade de que as administración públicas se impliquen no estudo e posta en valor dos recursos senlleiros do noso pobo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo