A Deputación conserva unha bandeira republicana da Garda Civil de Lugo

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil, Miguel Ángel González Arias, recibiron hoxe de mans do presidente da Deputación Provincial, José Tomé, unha vitrina que cede esta institución á Benemérita para conservar en condicións idóneas a bandeira que lle concedeu o Goberno da República no ano 1935 á Garda Civil de Lugo.

A subdelegada e o coronel agradecéronlle ao presidente da Deputación o seu interese e colaboración que axudará a expoñer e preservar esta histórica bandeira, que sobreviviu ao franquismo pero coa franxa morada cuberta por unha  ela de cor vermello.

Isabel Rodríguez manifestou que “esta bandeira é moi valiosa pola súa antigüidade e tamén por ser testemuña dun pasado que non debemos esquecer”.

A subdelegada tamén destacou que “Lugo conseguiu recuperar este fragmento da súa historia, que estamos obrigados a preservar, grazas ao empeño do coronel González Arias que honra así a historia da Garda Civil e a memoria dos seus predecesores nuns tempos moi duros na vida dos españois”.

O Goberno da República concedeu, mediante unha orde comunicada o 6 de outubro de 1935, a bandeira nacional á Comandancia da Garda Civil de Lugo como recoñecemento ao labor realizado pola Institución na provincia desde a súa creación en 1844. O 1 de novembro de 1935 tivo lugar o acto oficial de entrega na praza Maior de Lugo e permaneceu na Comandancia ata 1944. Nalgún momento, entre 1936 e 1944 foi transformada coséndolle unha tela vermella para
ocultar a franxa de cor morada, posiblemente coa finalidade de seguir usándoa durante a Guerra Civil e nos primeiros anos da ditadura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com