" />

A Deputación considera “un caso de caciquismo puro” que o Alcalde de Riotorto contratase á súa parella

A Deputación de Lugo considera “un caso de caciquismo puro, propio de épocas pasadas que  considerabamos superadas” que o Alcalde de Riotorto contratase á súa parella no Concello.

Asegura ademais que resulta “inaceptable” que o rexedor queira vincular dalgún xeito á institución provincial co proceso selectivo que el fixo e aprobou para a contratación, “cunhas bases á medida” para beneficiar á súa cónxuxe, “nun intento de darlle aparencia de norma lidade ou ética á situación”.

Ante a “falsidade” das declaracións do Alcalde, a Deputación informa de que o que fai a institución provincial é conceder recursos económicos ós concellos da provincia que así o solicitan a través do Plan Único, dentro do programa de fomento do emprego, para favorecer acontratación de persoas desempregadas, tal e como figura nas bases do devandito Plan. Senembargo, quen fixo as bases do proceso selectivo e quen seleccionou ó persoal foi o Alcalde de Riotorto.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Pedro Díaz
    Nov 07, 2020 - 11:24 AM

    @depulugo Anda mira… Como Pedro y Pablo 🤣🤣🤣

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo