" />

A Deputación conxela os salarios dos deputados provinciais para o 2021

O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade este martes a proposta do Presidente, José Tomé Roca, de conxelar os soldos dos membros da Corporación provincial para o vindeiro ano 2021. Deste modo, os 25 Deputados provinciais manterán o ano que vén os mesmos salarios que nesta anualidade. O mandatario provincial explicou que no actual contexto, de loita contra a pandemia do coronavirus, pretenden trasladar un xesto á cidadanía que, aínda que simbólico, ten moita importancia, dixo Tomé, pois amosa a solidariedade dos Deputados coas persoas que están a sufrir un momento de crise social e económica.

Doutra banda, a corporación provincial aprobou tamén por unanimidade a cesión de terreos provinciais para a execución dunha glorieta no cruzamento entre a Nacional VI e a avenida Afonso X o Sabio na capital lucense. Pese ao apoio de todos os deputados provinciais, o PP chamou a atención sobre o tempo que tardou o executivo provincial en levar a cabo esta medida despois de anos de agarda. O popular considerou necesario resaltar que fixera falta que tanto o goberno central, como o provincial e local foran da mesma cor para que os terreos foran postos a disposición do Goberno Estatal. 

Unhas acusacións as que respondeu a deputada socialista, Mayra García Bermúdez, poñendo en relevancia que, nun tempo, o PP gobernou no Estado, na Xunta e na Deputación e non foi quen de levar a cabo esta cesión tan necesaria. 

Outros temas

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou tamén unha proposta para reclamar a Xunta de Galicia a declaración da cultura como ben de primeira necesidade. A moción,  que parte da concepción da cultura como un dereito da cidadanía,  demanda ao goberno galego un paquete de medidas de apoio aos sectores profesionais da cultura para paliar o impacto da crise sanitaria na súa actividade. Na defensa da iniciativa, se expuxeron as dificultades económicas que atravesan os autónomos, pequenas empresas e cooperativas culturais que conforman o sector en Galicia como consecuencia das suspensións e restricións que veñen afectando a súa actividade desde o inicio da pandemia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo