A Deputación crea a primeira Bolsa de Emprego e o Servizo de Guía Laboral

O Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, avanzou este mércores a creación da 1ª Bolsa de Emprego da provincia e dun Servizo de Guía Laboral que o luns se poñen en marcha ao abeiro do programa provincial Ben Empregado. Álvaro Santos salientou que “é a programación laboral que temos en marcha agora mesmo. Estes servizos perdurarán no tempo, posto que o obxectivo deste Goberno Provincial é impulsar novos plans de emprego este mesmo ano para os que serán necesarias estas ferramentas”

Santos Ramos explicou que “a Bolsa de Emprego é unha plataforma online, á que se poderá acceder directamente dende a páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.gal), na que todos os lucenses que estean no paro, por un lado, poderán inscribirse como demandantes de emprego e, por outro, ver os postos de traballo que ofrece a Deputación para anotarse aos mesmos. Este servizo estará en funcionamento o vindeiro luns, cando informaremos sobre os perfís do Ben Empregado que ofrece a Deputación”.

Ademais, ao inscribírense neste portal web, o organismo provincial contará cunha ampla base de datos dos desempregados lucenses, con información sobre o seu perfil, a súa formación ou as súas necesidades, que permitirá axustar á realidade laboral na provincia de cara a posta en marcha de novas programacións de emprego.

Durante o transcurso do Ben Empregado, os traballadores do departamento de Promoción Económica e Social, levaron a cabo máis de 6.000 entrevistas persoais para cubrir os postos de traballo. Estes profesionais da área de emprego, atoparon deficiencias á hora de afrontar unha entrevista, elaborar un currículum, definir os perfís laborais ou adaptarse á realidade actual coas novas tecnoloxías.

A través da Guía Laboral, a Deputación pon a disposición dos cidadáns os axentes de emprego da área de Promoción Económica e Social para ofrecerlles todo tipo de asesoramento, que poderá ser de xeito presencial, nas dependencias do Pazo de San Marcos, ou ben telemáticamente a través da plataforma online do Ben Empregado.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com